corriere150repubblica150

giornale150

sole24ore150

 

IlMessaggero-punto-itiltempo

 

ilpiccolo

ilmattino

 

 

lastampa.itil secoloxix

 

ilgiorno

avvenire

 

 

 

 


«Propter magnare creatus»…

 santiago convegno

Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a Península Ibérica

santiago-de-compostelaSantiago de Compostela Miércoles, 21 de septiembre de 2016 Fecha de finalización: Viernes, 23 de septiembre de 2016 Centro Abanca. Obra Social. Praza de Cervantes 18 Área de Filoloxía Italiana e Área de Filoloxía Catalana. Europa, construída a partir da confluencia de culturas diversas, elaborou dende a Idade Media unha identitade extremadamente rica e multiforme. Parte integrante da cultura europea son os modelos alimentarios e gastronómicos, que se mostran como elementos decisivos na formación das identitades colectivas. Porén, a identitade non é algo estático, senón que se basea no intercambio e se transforma co tempo. Dende a tendencia universal da cociña renacentista á formación de tradicións locais ben definidas, ata o hibridismo da cociña moderna, a gastronomía tamén expresou a súa forza creadora e innovadora a través da lingua e da literatura. O obxectivo deste congreso, daquela, é trazar, ao longo dos séculos, a forte ligazón existente entre gastronomía, lingua e literatura e, en especial, a contribución destes factores á construción dunha cultura europea común e compartida, aínda que atenta ás especificidades dos territorios particulares, sobre todo na área mediterránea: de feito, Italia e o mundo hispánico mostráronse dende a Antigüidade como importantes ámbitos de intercambio e de transmisión de saberes. Máis alá das cuestións académicas, o presente congreso quere ser tamén unha ocasión de encontro entre o mundo científico e o dos profesionais da restauración e servir de espazo de reflexión sobre o pasado e sobre o futuro da cultura gastronómica. Web do congreso: www.proptermagnarecreatus.com/

Condividi
comments
  • Menabrea_2
  • Menabrea_1

In primo piano